A Natureza da Ciência

A Natureza da Ciência

1.032 visualizações 25 downloads

Detalhes

  • Categoria: Biologia
  • Autores: (Desconhecido)
  • Quantidade de Páginas: 24
  • Data de Inclusão: 25/10/2016
  • Formato do Arquivo: PDF
  • Tamanho do Arquivo: 77 KB

Comezemos preguntándonos ¿que é a ciencia? A ciencia xurde pola curiosidade que sente o ser humano acerca das súas orixes, da natureza, en xeral de todo o que o rodea. O obxectivo da ciencia é comprender mellor a natureza e todo aquelo que nos rodea. Estamos a falar das clásicas preguntas tantas veces formuladas: ¿quen somos? ¿de onde vimos? ¿cara onde vamos? Nas sociedades máis primitivas estas preguntas recibían a súas correspondentes respostas na forma dos mitos. Máis tarde xurdiron dous novos sistemas explicativos que constitúen dúas tendencias diverxentes, trátase da relixión e máis da filosofía. Lembremos que ata non hai moito tempo a filosofía englobaba tódalas formas de coñecemento. As relixións baséanse nos dogmas. Os dogmas son verdades reveladas ós homes por unha entidade sobrenatural divina, e deben ser aceptados sen máis, os homes cren nos dogmas só pola súa fe. Pola contra a filosofía trata de dar explicacións racionais ós fenomenos observados polo ser humano, baséase precisamente na capacidade de razoamento do ser humano. Os Presocráticos foron os primeiros filósofos. A filosofía deservolveuse dende o período dos Presocráticos durante un tempo, ata que co auxe do Cristianismo resultou desprazada durante moito tempo. Finalmente rexurdiu coa revolución científica. As diverxencias entre a ciencia e a relixión fixeron que a súa relación fose a miúdo bastante tensa. Mentres a ciencia non puido dar explicación a ningún dogma relixioso os científicos non atoparon ningunha traba para os seus estudios. Pero cando algúns fenómenos que só se podían explicar mediante os dogmas foron comprendidos pola ciencia xurdiu o conficto. A relixión vía na ciencia un inimigo que podía tirar por terra tódalas creencias relixiosas, feito que poñía en perigo o propio status dos servidores da relixión. O estado relixioso (estamos a falar de Europa e o Cristianismo no Medioevo) non podía permitir que estos descubrimentos transcendesen, a súa posición política, o poder do que disfrutaba a Igrexa estaban amenazados. Este foi o motivo de que a ciencia fora perseguida, moitos filósofos foron acusados de herexía polos seus descubrimentos. En resumen a ciencia detivo o seu desenrolo.

Comente Aqui

Subir ao topo