História Antiga

História Antiga

1.241 visualizações 54 downloads

Detalhes

  • Categoria: História
  • Autores: IES DE MELIDE. departamento de grego
  • Quantidade de Páginas: 36
  • Data de Inclusão: 10/11/2016
  • Formato do Arquivo: PDF
  • Tamanho do Arquivo: 4.560 KB

Cultura minoica (1.900-1.600 a. C) en Creta. Toma o seu nome do lendario rei Minos, que mandara construír un labirinto para encerrar nel ó Minotauro, monstro humano con cabeza de touro É unha civilización brillante que habita en torno ós grandes palacios, dos que o máis importante é o de Cnossos. O seu sistema administrativo quedou reflectido nas taboíñas minoicas, escritas nun silabario chamado lineal A, que aínda que está sen descifrar sábese que a lingua non é grega. Os minoicos manteñen relacións comerciais con Oriente e Exipto, polo que reciben as súas influencias culturais. A civilización minoica destaca pola calidade das súas manifestacións artísticas: os frescos que decoraban as paredes dos palacios, ídolos, a cerámica, a ourivería... Nas Illas Cicladas dende o 3.000 a. C. desenvólvese a Cultura cicládica, claramente influída pola minoica. Cara o 1.450 a. c. prodúcese a destrucción dos palacios por teremotos producidos pola erupción do volcán da illa de Santorini.

Comente Aqui

Subir ao topo