História em Roma

História em Roma

1.109 visualizações 34 downloads

Detalhes

  • Categoria: História
  • Autores: xunta de galicia
  • Quantidade de Páginas: 10
  • Data de Inclusão: 10/11/2016
  • Formato do Arquivo: PDF
  • Tamanho do Arquivo: 254 KB

A Historia como testemuño escrito aparece en Roma con certo atraso, case cinco séculos despois da fundación da cidade (a. 754 a. C.). Non hai crónicas levadas regularmente ou conmemoracións épicas anteriores ao 250, mentres que a historiografía grega tiña xa acadado un elevado nivel. Parece ser que, segundo Tito Livio (VI,1) e Diodoro de Sicilia, a destrución dos arquivos e documentos anteriores á historia redactada como tal, explícase pola invasión gala do 390-383. Téndese tamén a rexeitar toda lexislación escrita anterior ás Doce Táboas (a. 450 a. C.). Tampouco Roma debeu manter ao día as listas dos maxistrados non sendo baixo a República. As lagoas e interpolacións son numerosas: de aí a escuridade que rodea aos testemuños antigos, como os anais relixiosos e os arquivos das grandes familias.

Comente Aqui

Subir ao topo